Project Description
O lema de portada é un desexo que leva camiño de se converter en realidade: “Universidade e empresa son enerxías poderosas nun camiño compartido e aí están os Consellos Sociais”. E o sublema define o marco cambiante no que se encontra o Consello: “A LOSU alumea novos espazos, novas obrigas, novos desafíos e novas responsabilidades”.
Nas 100 páxinas desta nova memoria, o Consello aposta por un entendemento sen suspicacias entre a Universidade e a empresa, porque como queda escrito nelas, son enerxías que multiplican o seu valor cando traballan mirándose.
Podes descargar a memoria completa na ligazón de abaixo: