Apróbanse diversas axudas e peticións, a oferta de emprego docente e investigador, a impresión do informe “100 titulacións” e a asignación das bolsas do Ministerio de Educación. Tamén, convócanse Practicums

2019-12-16T18:12:05+00:0016 de Decembro de 2019|Pleno|

O luns, 2 de decembro de 2019, ás 12:30 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (17.09.2019).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Informe do Reitor.

Propostas, acordos e informes da Comisión Executiva (reunión do 5 de novembro de 2019).

  1. Análise das principais causas do abandono de estudantes de Grao na UVigo. Comparecencia e informe do director da Área de Calidade.
  2. Aprobación, se procede, da modificación do punto 2.c) da Normativa e recomendacións do Consello Social sobre prezos e taxas das ensinanzas propias.
    Apróbase por asentimento.
  3. Revisión dos artigos 79.1e) e 80.3) da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do SUG, e do artigo 11 do Regulamento do Consello Social, sobre asistencias.
    Apróbase por asentimento.
  4. Outros asuntos. Taxas e Memorias finais de cursos propios.
    O Pleno dáse por informado.

Propostas e acordos da Comisión de Actividades e Servizos (reunión do 10 de outubro de 2019).

  1. Aprobación, se procede, da asignación definitiva das 53 Bolsas-colaboración adxudicadas á UVigo polo Ministerio de Educación, para o curso 2019/2020.
    O Pleno dá a súa aprobación.
  2. Outros asuntos. Axudas e patrocinios.
    O Pleno dáse por informado.

Propostas e acordos da Comisión de Actividades e Servizos (reunión do 21 de novembro de 2019).

  1. Aprobación, se procede, da convocatoria de axudas a Prácticums preprofesionais de alumnos en 2020, e da dotación económica correspondente para a súa realización.
    O Pleno dá a súa aprobación.
  2. Aprobación, se procede, da edición impresa do informe “100 titulacións da UVigo (1990-2015). Formación complementaria e especialización profesional das persoas tituladas”.
    O Pleno aproba a proposta.
  3. Outros asuntos. Memoria de actividades desenvolvidas polo Consello Social en 2018.
    O Pleno dáse por informado.
  4. Información sobre a Oferta pública de emprego do persoal docente e investigador da UVigo para o ano 2019.
    O Pleno amosa a súa conformidade.
  5. Informe sobre os convenios asinados pola UVigo nos meses de agosto, setembro e outubro.
    O Pleno dáse por informado.
  6. Rogos e preguntas.
    Participan Manuel González, Elena Añel, Xulio Calviño, Emilio Zunzunegui, o Reitor e o Presidente.