Comisión económica

A Comisión modifica parcialmente o orzamento da UVigo de 2020, aproba participar no capital de diversas empresas e acorda asignar complementos a determinado profesorado

2020-05-06T17:59:32+00:006 de Maio de 2020|Comisión económica|

O xoves, día 28 de febreiro de 2020, ás 12:00 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (16.12.2019).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Liquidación do orzamento de ingresos e gastos da UVigo. Informe de execución orzamentaria anual e Carta de avance de auditoría, consonte Real Decreto-Lei 14/2012. Elevación de acordo ao Pleno.
    A Comisión informa favorablemente.
  4. Correccións e modificacións parciais do orzamento da UVigo correspondente a 2020.
    A Comisión informa favorablemente.
  5. Informe que proceda sobre a xestión e a situación económica, e a solvencia da UVigo.
    A Comisión considera suficiente a información recibida.
  6. Aprobación definitiva, se procede, da creación e da participación da UVigo no capital social da empresa “Blue Structure”, consonte acordo do Consello de Goberno (CG) do 22 de xaneiro de 2020.
    A Comisión informa favorablemente.
  7. Aprobación, se procede, da participación da UVigo na asociación “Infab Hub”. (Acordo do CG do 22.01.2020).
    A Comisión informa favorablemente.
  8. Aprobación, se procede, da participación da UVigo na asociación “Interval”, Polo español de INTEROP-VLab. (Acordo do CG do 22.01.2020).
    A Comisión informa favorablemente.
  9. Informe sobre o estado de aplicación e aproveitamento das recomendacións da auditoría operativa sobre “Procedementos (solicitude, tramitación e xustificación) nos gastos en proxectos internacionais de cooperación educativa” (Pleno do 1 de xuño de 2019).
    A Comisión dáse por informada.
  10. Control e seguimento da aplicación do Regulamento de xestión do patrimonio da UVigo. Informe que proceda sobre as doazóns menores e correntes. (Acordo do 29 de xuño de 2017).
    A Comisión dáse por informada.
  11. Control e seguimento da aplicación da Normativa de xestión de espazos universitarios. Informe que corresponda sobre as dispensas de pago acordadas pola Xerencia.
    A Comisión dáse por informada.
  12. Acordo que proceda sobre a asignación singular e individual de complementos a profesores, correspondentes á convocatoria de 2018, por cargos de xestión, polo labor docente e investigador e pola excelencia curricular docente e investigadora, consonte resolución da ACSUG.
    A Comisión acorda a asignación e informar favorablemente ao Pleno.
  13. Informe sobre os convenios asinados pola UVigo en decembro de 2019 e xaneiro de 2020.
    A Comisión dáse por informada.
  14. Rogos e preguntas.
    Intervencións de Manuel González e da xerente da Universidade.