O pleno aproba os prezos públicos aplicables na UVigo, ratifica o patrocinio do estudo de empregabilidade e da posta en marcha da Comunidade Alumni e delega no presidente a distribución das bolsas asignadas polo Ministerio de Educación

2020-06-25T12:42:02+00:0023 de Xuño de 2020|Pleno|

O venres, 19 de xuño de 2020, ás 11:35 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (22.04.2020).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Informe do Reitor.
  4. Acordo que proceda sobre a suspensión parcial da Normativa de permanencia no que atinxe ao procedemento de matrícula para o curso 2020/2021. (C.G. 29.04.2020).
    Apróbase por asentimento.
  5. Informe que proceda sobre o proxecto de Decreto polo que se fixan os prezos públicos do SUG para o curso académico 2020/2021.
    O Pleno informa favorablemente.
  6. Aprobación, se procede, dos prezos públicos aplicables na UVigo para o curso 2020/2021 por matrículas, xestión e gastos administrativos e expedición de títulos en estudos oficiais, titulacións propias, programa de maiores e alumnado visitante.
    Apróbase por asentimento.
  7. Informe de actuación derivada da suspensión das actividades de Extensión Universitaria que afectan ao Consello Social: Obradoiros e Cursos e-Destrezas.
    O Pleno dáse por informado.

Informes e acordos da Comisión Executiva (sesión do 13 de marzo de 2020)

  1. Exposición e perspectivas sobre o nivel de transparencia da UVigo.
    O Pleno dáse por informado.
  2. Cursos: taxas e memorias finais. Axudas e outros acordos.
    O Pleno dáse por informado.

Propostas informadas favorablemente, axudas e patrocinios aprobados pola Comisión de Actividades e Servizos (sesión do 21 de maio de 2020)

  1. Ratificación, se procede, do patrocinio dun estudo sobre a empregabilidade dos estudantes de último curso de Grao e as demandas do mercado laboral.
    Ratifícase o acordo.
  2. Ratificación, se procede, do patrocinio para a posta en marcha da iniciativa Comunidade Alumni-UVigo para comunicación e intercambio cos antigos alumnos titulados.
    O Pleno ratifica o acordo.
  3. Ratificación, se procede, da participación na produción e entrega de carpetas-guía e unha axenda aos alumnos da UVigo, en colaboración coa Vicerreitoría de Comunicación.
    O Pleno ratifica o acordo.
  4. Outros acordos.
    O Pleno dáse por informado.
  5. Aprobación, se procede, da delegación no presidente do Consello Social para a distribución das bolsas-colaboración asignadas polo Ministerio de Educación á UVigo para o curso 2020/2021, da que se dará conta no próximo Pleno.
    O Pleno autoriza a delegación
  6. Convenios asinados pola UVigo nos meses de febreiro e marzo.
    O Pleno dáse por informado.
  7. Rogos e preguntas.
    Interveñen Elena Añel e Manuel G. Piñeiro