Comisión de actividades e servizos

Acórdanse diversos apoios, patrocinios e axudas, así como a modificación da colaboración do PontUp Store 2020

2020-10-29T17:59:54+00:0023 de Setembro de 2020|Comisión de actividades e servizos|

O martes, día 22 de setembro de 2020, ás 12:00 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (21.05.2020).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Acordo que proceda sobre a colaboración solicitada pola organización das Xornadas dixitais sobre Tecnoloxías e Solucións para a automatización industrial “Dixital JAI2020”.
    Concédese unha axuda.
  4. Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para a actividade “Cóntancho as Matemáticas”, dirixida a fomentar a cultura científica, tecnolóxica e innovadora e promover a igualdade de xénero entre o estudantado do terceiro ciclo de Educación primaria.
    Apróbase unha axuda.
  5. Acordo que proceda sobre a petición de axuda presentada para o patrocinio do VIII Ciclo de conferencias de Dereito Concursal, coa presencia de expertos a nivel nacional.
    A Comisión aproba unha axuda.
  6. Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio ao programa “eDestrezas”, promovido dende a Vicerreitoría de Captación de alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, para fomentar as competencias dixitais dos alumnos nos tres Campus.
    Acórdase elevar ao Pleno proposta de axuda para executar o programa en 2021.
  7. Aprobación, se procede, da proposta de re-definición e ampliación da web corporativa do Consello Social, para incorporar unha maior presencia de contidos específicos referidos á Responsabilidade Social e Transparencia da UVigo.
    Apróbase unha achega.
  8. Revisión da axuda concedida na sesión do 21.05.2020, para a organización da sétima edición do “Pont Up Store 2020: espazo de emprendemento”.
    Apróbase a modificación.
  9. Rogos e preguntas.
    Non hai.