Apróbase o teito de gasto e o orzamento da Universidade e o do Consello para 2021, e o Plan Estratéxico (2021-26) da UVigo

2021-01-26T10:28:06+00:0023 de Decembro de 2020|Pleno|

O mércores, 23 de decembro de 2020, ás 12:00 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (04.12.2020).
    Apróbase por asentimento
  2. Informe do presidente.
  3. Informe do reitor.
  4. Plan estratéxico da Universidade de Vigo para o período 2021-2026.
    O Pleno dá a súa conformidade ao Plan.

Acordos e informes da Comisión Económica. Propostas ao Pleno (reunión do 17 de decembro de 2020)

  1. Informe sobre o teito de gasto da UVigo para o exercicio orzamentario de 2021, consonte o recollido no Real Decreto 14/2012, do 20 de abril.
    O Pleno informa favorablemente.
  2. Aprobación, se procede, da proposta de orzamento da UVigo para o exercicio de 2021.
    O Pleno aproba o orzamento.
  3. Aplicación e accións desenvolvidas respecto das recomendacións da empresa auditora recollidas no Plan de control financeiro da UVigo no exercicio 2019.
    O Pleno dáse por informado.
  4. Aplicación e aproveitamento dos informes de auditorías operativas sobre:
    1. a)  “Estrutura, funcionamento e xustificación de proxectos internacionais de cooperación e de investigación, con financiamento europeo, noutras universidades españolas”.
    2. b)  “Procedementos (solicitude, tramitación e xustificación) nos gastos en proxectos internacionais de cooperación educativa”.
      O Pleno dáse por informado
  5. Propostas para determinar o contido dunha nova auditoría operativa orientada a promover a mellora do ensino, da investigación ou da xestión dos servizos da UVigo.
    O Pleno dá a súa conformidade.
  6. Asignación singular e individual de complementos a profesores, correspondentes á convocatoria de 2019, por cargos de xestión, pola labor docente e investigadora, e pola excelencia curricular docente e investigadora, consonte resolución da ACSUG.
    O Pleno acorda a asignación.
  7. Informe sobre os convenios asinados pola UVigo no mes de novembro de 2020.
    O Pleno dáse por informado.
  8. Orzamento do Consello Social para o exercicio de 2021.
    O Pleno dá a súa aprobación.
  9. Aprobación, se procede, das liñas xerais do Plan de actuacións a desenvolver polo Consello Social en 2022.
    O Pleno aproba a proposta.
  10. Informe que proceda sobre o cambio de denominación da Escola Universitaria de Estudos Empresariais, consonte acordo do Consello de Goberno.
    O Pleno informa favorablemente o cambio de denominación.
  11. Informe que proceda sobre a creación do Centro de investigación interuniversitario galego de matemáticas, consonte acordo do Consello de Goberno.
    O Pleno informa favorablemente.
  12. Rogos e preguntas.
    Interveñen: Mª Elvira Larriba, Antonio Macho, Emilio F. Zunzunegui, o Reitor, Elena Añel, Xosé MªAtanes, Juan José Santamaría e Manuel G. Piñeiro.