Comisión executiva

Apróbanse diversos prezos, taxas de cursos e informes –Memorias finais, modificación da RTP do PAS laboral e a creación do centro ECOBAS entre outros–.

2021-06-03T10:26:47+00:0019 de Maio de 2021|Comisión executiva|

O mércores día 19 de maio de 2021, ás 12:00 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

    1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (21.10.2020).
      Apróbase por asentimento.
    2. Informe do presidente.
    3. Informe sobre o nivel de transparencia da UVigo en 2019, e a aportación do Consello Social. Comparecencia do coordinador da Unidade de análises e programas da UVigo.
      A Comisión dáse por informada e agradece a presenza de David Basalo.
    4. Informe que proceda sobre doazóns bibliográficas á UVigo durante 2020, se houbese.
      A Comisión dáse por informada.
    5. Novo Regulamento dos programas de formación permanente da UVigo.
      A Comisión dáse por informada.
    6. Revisión das taxas da VI edición do curso de formación en “Deseño, programación e administración de bases de datos”, aprobado pola COAP o 21.12.2019 e non remitido ao Consello Social.
      A Comisión dá o visto e prace.
    7. Supervisión, se procede, das taxas dos seguintes cursos:
      –  I Curso complementario en “Eficiencia enerxética e enerxías renovables no sectormarítimo”
      –  I Curso complementario en “New trends in aquaculture research”
      –  III Curso de formación en “Data Mining con R”
      –  IV Curso de formación en “Advanced Trading”
      –  X Curso de formación en “Control estatístico de calidade con R”
      –  XVIII Curso de formación en “Introdución á bolsa”
    8. Aprobación, se procede, das taxas dos seguintes cursos:
      – I Curso complementario en “Crafting goods communication skills: talks & posters”
      – I Curso complementario de “Utilización de información medioambiental”
      – II Curso complementario en “Competencias transversais para o futuro laboral”
      – I Curso de especialista en “Dereito laboral e da seguridade social”
      – I Curso de especialista internacional en “Termalismo e spa”
      – II Curso de formación en “Mediación civil e mercantil”
      – III Curso de formación en “Javascript para aplicacións web e móbiles”
      – VII Curso de formación en “Deseño, programación e administración de bases de datos”
      – VII Curso de formación en “Programación Java”
      – VIII Curso de formación en “Didáctica da ficción e creación literaria”
      – VIII Curso de formación en “Estatística avanzada con R para profesionais da saúde”
      – XVI Curso de formación en “O IVE na fiscalidade empresarial. Edición 2021”
      Sen entregar a Memoria final da edición anterior:
      – XIX Curso de Máster/especialista en “Auditoría e contabilidade”
      Puntos 7 e 8: a Comisión acorda aprobar as taxas dos cursos.
    9. Informe sobre as Memorias finais dos seguintes cursos:
      a) Con aprobación previa do presidente:
      – VI Curso de especialista en “Dirección de loxística e produción”
      – I Curso de especialista en “Electrónica para compoñentes de automoción”
      – VII Curso de formación en “Didáctica da ficción e creación literaria”
      – VIII Curso de formación en “Estatística con R para profesionais da saúde”
      – X Curso de formación en “Estatística con R para investigadores”
      – I Curso de especialista en “Desenvolvemento de software e negocio dixital”
      – I Curso de especialista en “Tecnoloxías de quinta xeración (5G)”
      – VI curso de formación en “Programación Java”
      b) Sen aprobación previa do presidente:
      – I Curso complementario en “Competencias transversais para o futuro laboral”
      – II Curso de formación en “Javascript para aplicacións web e móbiles”
      – VI Curso de formación en “Deseño, programación e administración de bases de datos”
      A Comisión acorda informar favorablemente ditas Memorias finais.
    10. Aprobación, se procede, dos prezos dos complexos residenciais da UVigo para estudantes, no curso 2021/2022. (C.G. 12.03.2021).
      Apróbase a proposta.
    11. Aprobación, se procede, dos prezos públicos para o Campus Camp 2021, previstos nos tres Campus entre o 23 de xuño e o comezo do curso escolar en Educación primaria.
      Apróbase por asentimento.
    12. Delegación no presidente do Consello Social da aprobación, se fose preciso, das taxas dos cursos de Extensión universitaria 2021 a impartir nos Campus de Ourense, Vigo e Pontevedra, das que dará conta ao Pleno.
      A Comisión dá a conformidade.
    13. Incorporación de remanente libre para estadías investigadoras.
      Apróbase para informe ao Pleno.
    14. Aprobación, se procede, da incorporación da UVigo á agrupación sen ánimo de lucro “SIGMA-AIE”.(C.G. 29.04.2021).
      Apróbase para informe ao Pleno.
    15. Aprobación, se procede, da participación da UVigo no Consorcio Centro de investigación e tecnoloxía matemática de Galicia (CITMAga). (C.G. 29.04.2021).
      Apróbase para informe ao Pleno.
    16. Informe que proceda sobre a creación do Centro interuniversitario ECOBAS. (C.G. 14.05.2021).
      Apróbase para informe ao Pleno.
    17. Informe sobre a modificación parcial da Relación de Postos de Traballo (RPT) do PAS laboral da UVigo. (C.G. 14.05.2021).
      Apróbase para informe ao Pleno.
    18. Rogos e preguntas.
      Interveñen Javier Garrido e o reitor.