Apróbanse diversos prezos e taxas, a composición das comisións do Consello Social e a representación do mesmo en diferentes estruturas da UVigo

2021-11-04T12:59:53+00:0023 de Setembro de 2021|Pleno|

O xoves, 23 de setembro de 2021, ás 11:30 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (29.07.2021).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Informe do Reitor.
  4. Informe da vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, sobre datos de matrícula do curso 2021/2022, evolución, comparativas e reflexións que procedan.
    O Pleno dáse por informado.
  5. Aprobación, se procede, dos prezos e taxas dos títulos propios da Universidade de Vigo para o curso académico 2021/2022.
    Apróbase coa abstención dun membro.
  6. Prezos públicos aplicables ao persoal investigador visitante. Proposta de modificación.
    Apróbase.
  7. Proposta para a composición das Comisións permanentes do Consello Social: Executiva, Económica e Actividades e Servizos.
    O Pleno aproba as propostas coa abstención dun membro.
  8. Designación de representantes do Consello Social no Consello de Goberno e nas comisións correspondentes.
    O Pleno aproba a proposta coa abstención dun membro.
  9. Designación de representantes do Consello Social na Comisión de Igualdade, na Mesa de Contratación e na Comisión de Estudos Propios da Universidade de Vigo.
    Apróbase coa abstención dun membro.
  10. Acordo que proceda sobre a participación do Consello Social na convocatoria “Ourense Rural”, promovida pola UVigo para o curso 2021/2022.
    O Pleno dá a súa aprobación.
  11. Informe sobre os convenios asinados pola UVigo, correspondentes ao mes de xullo e agosto de 2021.
    O Pleno dáse por informado.
  12. Rogos e preguntas.
    Intervencións de Elena Añel, o Reitor, César Blanco, Juan José Santamaría e o Presidente do Consello.