Apróbanse as propostas de verificación de títulos de Grao e Máster curso 22/23, a creación do Centro de Investigación Paisaxes Atlánticas Culturais, a Oferta de Emprego Público do PDI ano 2021, o acordo de funcionarización do persoal laboral fixo e a convocatoria Prácticums 2022

2021-12-28T18:51:15+00:003 de Novembro de 2021|Pleno|

O mércores, 3 de novembro de 2021, ás 12:00 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (23.09.2021).
    Apróbase por asentimento
  2. Informe do presidente.
  3. Informe do Reitor.
  4. Informe que proceda sobre as propostas de verificación de títulos de Grao e Máster para o curso 2022/2023 da Universidade de Vigo. (Consello de Goberno do 27 de outubro de 2021).
    O Pleno informa favorablemente
  5. Informe que proceda sobre a creación do Centro de Investigación para Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC). (Consello de Goberno do 1 de outubro de 2021).
    O Pleno informa favorablemente
  6. Aprobación, se procede, da reasignación definitiva das Bolsas-colaboración asignadas á Universidade de Vigo para o curso 2021/2022.
    O Pleno dá a súa aprobación
  7. Aprobación, se procede, da edición dixital do “Estudo sobre o impacto laboral da segunda onda da pandemia da COVID-19 nos titulados da Universidade de Vigo”, elaborado polo Observatorio de persoas tituladas da Universidade de Vigo co apoio do Consello Social.
    O Pleno dá a súa aprobación
  8. Asignación de complementos a profesores, correspondentes á convocatoria de 2020, polo labor docente e investigador, pola excelencia curricular e polos cargos de xestión, consonte resolucións da ACSUG.
    O Pleno acorda a asignación
  9. Informe sobre a Oferta de Emprego Público de persoal docente e investigador da Universidade de Vigo para o ano 2021. (Consello de Goberno do 27 de outubro de 2021).
    O Pleno dá a conformidade
  10. Informe sobre o acordo de funcionarización do persoal laboral fixo de administración e servizos da Universidade de Vigo e da relación de postos de traballo (RPT) derivada do mesmo. (Consello de Goberno do 27 de outubro de 2021).
    O Pleno informa favorablemente
  11. Aprobación, se procede, dunha nova convocatoria de Prácticums para o ano 2022, e da dotación económica correspondente. Revisión das bases.
    O Pleno dá a súa aprobación

Propostas e acordos da Comisión de Actividades e Servizos (4 de outubro de 2021)

  1. Ratificación, se procede, da proposta de colaboración co programa “eDestrezas”, para fomentar as competencias dixitais da comunidade universitaria nos tres Campus.
    O Pleno ratifica a aprobación
  2. Outros acordos, axudas e iniciativas.
    O Pleno dáse por informado
  3. Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo no mes de setembro de 2021.
    O Pleno dáse por informado
  4. Rogos e preguntas.
    Intervén o Presidente para deixar constancia dun escrito presentado por Xosé Manuel Atanes. A seguir, Elvira Darriba, Juan José Santamaría, o Reitor, Jesús Graña, Manuel Ramos, Juan Manuel Vieites, Xosé Manuel Atanes, Elena Añel e Armando Ojea. Pecha a sesión o Presidente.
Acta do Pleno 03-11-2021 Documento PDF, 201 KB