O mércores, día 21 de decembro de 2022, ás 12:45 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (27.06.2022).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Informe sobre o teito de gasto da Universidade de Vigo para o exercicio orzamentario de 2023. Acordo que proceda para elevación ao Pleno.
A Comisión acordar elevar informe favorable ao Pleno. - Aprobación, se procede, para elevación ao Pleno, da proposta de orzamento da Universidade de Vigo para o exercicio de 2023.
Emítese informe favorable para elevación ao Pleno. - Avance do orzamento do Consello Social para o exercicio de 2023.
Apróbase para elevación ao Pleno. - Informe sobre a Oferta de Emprego Público do persoal docente e investigador (PDI) da Universidade de Vigo para o ano 2022. (Consello de Goberno do 29 de novembro de 2022).
A comisión dá a súa conformidade. - Aprobación, se procede, da adhesión da UVigo á Rede ANEXXI de universidades para a realización de traballos científicos e técnicos que posibiliten a elaboración e publicación do “Atlas Nacional de España del siglo XXI”. (Consello de Goberno do 29 de novembro de 2022).
Apróbase por asentimento. - Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo no mes de novembro de 2022.
A comisión dáse por informada. - Aprobación, se procede, da aceptación pola Universidade de Vigo da doazón de equipos informáticos para uso de estudantes.
Apróbase por asentimento. - Rogos e preguntas.
Non hai.
Acta da reunión da Comisión Económica do 21-12-2022
Documento PDF, 162 KB