O xoves, día 23 de febreiro de 2023, ás 12:15 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (04.10.2022).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Aprobación, se procede, da distribución das axudas recollidas na convocatoria de Prácticums do Consello Social, correspondentes a 2023.
A Comisión aproba propoñer ao pleno un plan de distribución. - Proposta de renovación dos traballos de mantemento e actualización de contidos redaccionais e gráficos da web corporativa do Consello Social, durante 2023.
A Comisión aproba a renovación. - Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio ao programa “eDestrezas”, promovido pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria para fomentar as competencias dixitais de alumnado, PDI e PAS.
Apróbase unha achega. - Acordo que proceda sobre a petición de colaboración co proxecto “CinVigo. Ciencia na rúa”, promovido por CINBIO para fomentar vocacións científicas en Secundaria e BUP.
Apróbase unha achega para comunicación e difusión. - Acordo que proceda sobre o apoio solicitado pola Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía para desenvolver actividades de divulgación científica abertas a escolares e á cidadanía en xeral.
Apróbase un ha axuda para material e conferencias. - Acordo que proceda sobre a solicitude da Escola de Enxeñaría Industrial para organizar unha competición de robots, co obxectivo de fomentar as actividades STEAM nos colexios e institutos galegos.
Asígnase unha axuda. - Acordo que proceda sobre a proposta de contribución do Consello Social para ampliar a presenza de alumnado na Escola de Verán sobre Servizos Climáticos, en colaboración coa Organización Meteorolóxica Mundial.
Concédese unha achega. - Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio ao proxecto “Clean Energy Ship”, promovido por estudantes das enxeñarías da Universidade de Vigo, para competicións internacionais.
Apróbase unha axuda. - Aprobación, se procede, da proposta de actividades para 2023 do Observatorio de Persoas Tituladas da Universidade de Vigo, e da correspondente dotación económica.
Asígnase un importe global para a realización dos traballos, dando conta en cada caso. - Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para desenvolver o proxecto “Cóntancho as Matemáticas”, orientado a estimular vocacións polas matemáticas nas últimas etapas de Educación Primaria, con especial atención á igualdade de xénero.
Apróbase unha achega. - Aprobación, se procede, da aportación do Consello Social para a organización en Vigo da reunión da Conferencia de Consellos Sociais das universidades españolas.
Apróbase unha asignación para gastos de organización. - Rogos e preguntas.
Non hai.
Acta da reunión ordinaria da Comisión CAS do 23-02-2023
Documento PDF, 179 KB