Estudos e informes

Barómetro de empregabilidade da UVigo. Perspectiva dos empregadores na era COVID-19

Barómetro de empregabilidade da UVigo. Perspectiva dos empregadores na era COVID-192021-06-16T11:06:38+00:00

Project Description

O estudo parte da premisa de que a empregabilidade tradicional está a desaparecer e só aquelas universidades que escoiten aos empregadores e reflexionen sobre as necesidades imprescindibles para implementalas nas súas titulacións gañarán vantaxe, abríndose, no período da COVID-19, un escenario de oportunidades con importantes cambios para que en pouco tempo as institucións universitarias se adapten.

O traballo de estudo ten como obxectivo  analizar a empregabilidade dos estudantes universitarios desde a perspectiva dos empregadores antes e despois da declaración da pandemia por COVID-19, contrastando a opinión da parte empregadora en relación a un conxunto de factores que determinan a empregabilidade estudantil. Con este fin analízase a percepción respecto da situación e expectativas que teñen do mercado laboral, as actuacións que realizan en materia de contratación de persoal, así como as competencias que esixen ás persoas candidatadas a formar parte do persoal da súa empresa.

A publicación consta de catro capítulos que van dando conta do substrato investigador que a sustenta: Metodoloxía e mostras, contexto de empregabilidade, competencias para o emprego, e conclusións.