Nomeada membro do Consello Social o 30 de xullo de 2024 en representación do estudantado da Universidade de Vigo.
Estudante do grao de Enxeñaría Química Industrial e membro activo en representación estudantil e asociacións de alumnos.
Forma parte de Claustro, Consello de Goberno e varias comisións relacionadas (Comisión de Extensión Universitaria e Estudantes, Comisión Electoral e Comisión de Redacción de Estatutos), ademais dos órganos propios da escola á que pertence (Xunta de Escola e Comisión Permanente).
Colaboradora en proxectos de concienciación social, incluíndo actividades de colleita de alimentos, material e firmas.