Project Description
Esta publicación do Consello Social parte da necesidade de contar con información actualizada e detallada da implicación da Universidade de Vigo na súa contorna, en Galicia en xeral, poñendo énfase nas economias das provincias onde radican o seus tres campus. Para elaborar dita información contou con Isabel Diéguez Castrillón, Ana Gueimonde Canto e Andrés Mazaira Castro como autores. Os datos están actualizados a 2019.
O estudo está presentado como un documento de traballo estruturado en catro grandes bloques. Nunha primeira parte recóllese a abordaxe metodolóxica empregada para a cuantificacións dos impactos. No segundo capítulo aplícase a metodoloxía input–output para a análise do impacto económico de curto prazo. A terceira sección supón a aproximación ao impacto de longo prazo e finalmente, nun cuarto capítulo, preséntanse as principais conclusións.
Estes son os obxectivos concretos do estudo:
- Determinar e cuantificar o impacto económico da actividade da Universidade de Vigo no curto prazo tanto en Galicia como nas provincias de Ourense e Pontevedra. Identificar output, renda e emprego que se xeran.
- Cuantificar o poder de atracción que exerce a Universidade de Vigo cara a outros sectores económicos. Identificar os sectores económicos mais favorecidos pola actividade económica xerada pola mesma nas provincias de Pontevedra e Ourense.
- Cuantificar o impacto económico da Universidade de Vigo a través da creación de capital humano e, mediante el, avaliar o impacto na ocupación e o emprego.
- Coñecer a balanza fiscal derivada da actividade da Universidade de Vigo e a contribución desta ás contas da seguridade social.
- Cuantificar a incidencia das actividades de creación e transferencia de coñecemento da Universidade de Vigo.
- Determinar a eficacia e eficiencia do investimento económico que fai a sociedade na Universidade de Vigo.
Pódese descargar o resumo executivo (polo momento só hai versión en castelán)