María José Bravo Bosch

María José Bravo Bosch2024-10-11T17:56:57+00:00

Secretaria Xeral da Universidade de Vigo.

Licenciada en Dereito pola universidade de Navarra. Doutora en Dereito pola Universidade de Vigo. Catedrática de universidade. Directora de 4 teses doutorais. Autora de máis de cen artigos e capítulos de libro publicados en revistas internacionais de prestixio, en italiano, español, inglés e galego.

Visiting Professor das universidades de Messina, Cagliari (Italia), Fortaleza (Brasil), profesora por invitación no Corso di Alta Formazione da universidade La Sapienza (Roma), e conferenciante en diversas universidades españolas, italianas, portuguesas, gregas, belgas, alemás, austríacas, turcas, e americanas.

Directora da Inspección de Servizos e Mentora Ética da Universidade de Vigo desde 2019 ata 2023.