Estudos e informes

A CCSU e a RedFUE publican Análisis de las competencias más demandadas de egresados universitarios

A CCSU e a RedFUE publican Análisis de las competencias más demandadas de egresados universitarios2024-04-04T11:21:39+00:00

Project Description

Capa

O informe procura proporcionar unha imaxe real das demandas que ten o mercado laboral en materia de formación universitaria e dos requirimentos necesarios para acceder a cada posto de traballo. Os resultados obtidos serven para ter un maior coñecemento das ocupacións máis demandadas e as titulacións necesarias para acceder a elas. Ademais, a publicación pode ser unha guía para orientadores, demandantes de emprego, estudantes, entidades educativas e empresas que sirva como ferramenta para axudar na toma de decisións en materia de formación e emprego.

Este traballo persegue 4 obxectivos fundamentais, todos eles no ámbito do estado:
1. Coñecer as titulacións universitarias máis demandadas no mercado laboral.
2. Coñecer as ocupacións máis demandadas no mercado laboral.
3. Coñecer as competencias máis demandadas no mercado laboral.
4. Cales son os sectores que máis titulados universitarios están a demandar.