Reitor da Universidade de Vigo.
Profesor de UVigo desde a súa creación en 1990.
Licenciado en Bioloxía e en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, onde obtivo tamén o título de doutor en Bioloxía. Catedrático de Universidade de Fisioloxía Vexetal. Participou con asiduidade en órganos de goberno, destacando o traballo nas tres comisións de estatutos, incluíndo a constituínte.
Foi secretario do Colexio Universitario de Vigo, director da Oficina de I+D, adxunto ao vicerreitor de Investigación, elixido dúas veces como decano da Facultade de Ciencias de Vigo (hoxe escindida en tres facultades), director do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencia do Solo e vicerreitor de Investigación.