José María Martín Moreno

José María Martín Moreno2018-09-20T17:53:37+00:00

Vicerreitor de Economía da Universidade de Vigo.

Profesor titular dende o 2000 e director do Departamento de Fundamentos da Análise Económica e Historia e Institucións Económicas na Universidade de Vigo. Foi secretario do Departamento de Fundamentos da Análise Económica e secretario académico e decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

A súa carreira profesional estivo centrada no sector público e privado, con institucións relacionadas con realidades e actividades do mundo económico-empresarial. Realizou actividades de control e xestión de proxectos, relacións institucionais e liderado de equipos.

Foi profesor e o responsable de Relacións Institucionais do Máster en Economía, Mercados Financeiros e Empresa, e profesor no Máster en Economía e no Máster de Economía para non economistas.

Foi director xeral da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento, director do Sistema de Vixilancia Competitiva do Cluster do Granito de Galicia, asesor do Centro Tecnolóxico do Granito, colaborador-asistente de Investigación do IGAPE, da Secretaria Xeral de Análise e Previsión da Xunta de Galicia e de SACE consultores.