Nomeado membro do Consello Social pola Orde do 10 de novembro de 2016 (DOG do 13 de decembro).
Mestre industrial. Cursou mestrados en urbanismo e intelixencia emocional.
Traballou durante 12 anos no departamento de enxeñaría de instalacións para o grupo PSA. Dende 1987, pasou a ser empresario. Primeiro funda IZMAR, proveedora de automoción. Despois o Grupo IZ, a que será a matriz do grupo, ao que comezará a sumárlle empresas como MARSAN, VIMAX, IZPADEL e AVIFER.
É vogal da xunta directiva do Círculo de Empresarios de Galicia e tamén membro de ASIME, AEGA-CAT, CEAGA e de Rotary international.