Natalia Caparrini Marín

Natalia Caparrini Marín2022-09-26T09:52:49+00:00

Licenciada en Ciencias Xeolóxicas pola Universidad Complutense de Madrid e doutora pola Universidad Politécnica de Madrid, é profesora contratada doutora na Universidade de Vigo desde 2008.

Foi docente na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía no Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente e impartiu diversas materias en titulacións (Enxeñaría de Minas), en graos (Enxeñaría da Enerxía e en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos) e en mestrados de perfil investigador e profesionalizante (mestrados en Tecnoloxía ambiental, en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural e en Enxeñaría de minas).

Forma parte do grupo de investigación Xeotecnoloxías Aplicadas, recoñecido como grupo de referencia e competitividade. É coautora de máis de 20 publicacións e participa en máis de 30 contratos con empresas e proxectos de investigación. Dirixiu máis de 40 traballos de fin de grao e de mestrado e proxectos fin de carreira. Co-dirixiu unha tese doutoral.

Desempeñou diversos cargos de xestión: foi secretaria, subdirectora de Organización Académica e coordinadora de Calidade da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía; coordinou os graos en Enxeñaría da Enerxía e en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e o Mestrado en tecnoloxías para a protección do patrimonio cultural inmoble; directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía; vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria. Actualmente e vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade na Universidade de Vigo.