Catedrático de Organización de Empresas e Vicerreitor de Estratexia, Gobernanza e Economía da Universidade de Vigo.
O seu traballo académico sitúase na intersección entre estratexia, innovación e cambio organizativo.
Publicou en revistas internacionais de referencia como Organization Science, Organization Studies, Journal of Operations Management, Research Policy e Harvard Business Review. Paralelamente, desenvolveu unha intensa actividade de colaboración con institucións públicas e empresas, entre elas o Banco Interamericano de Desenvolvemento, distintas consellerías e axencias da Xunta de Galicia, o Consorcio da Zona Franca de Vigo ou a Autoridade Portuaria de Vigo, así como compañías e centros tecnolóxicos de distintos sectores como Jealsa, Pescanova, Stellantis, Syngenta, TECNALIA ou CETMAR.
Entre 2007 e 2018 foi conselleiro do Consello Económico e Social de Galicia, participando en procesos de análise, diálogo social e construción de acordos entre axentes económicos e sociais.
Foi Editor-in-Chief de Business Research Quarterly entre 2014 e 2018 e presidente da Asociación Española de Economía da Empresa entre 2024 e 2026.
Participou no equipo de xestión da área de Economía da Axencia Estatal de Investigación (2024-2026) e forma parte do External Advisory Committee de CEGE, en Católica Porto Business School.