Nomeado membro do Consello Social pola Orde do 10 de novembro de 2016 (DOG do 13 de decembro).
Licenciado en Ciencias Económicas.
Comezou a súa andaina profesional como economista na AISS, na que estivo seis anos. No 1983 pasa a ser secretario provincial na Delegación Pronvial de Traballo de Pontevedra, na que exerceu de maneira temporal o cargo de delegado provincial.
Dende a creación da Universidade de Vigo en 1990, incorpórase á entidade como xefe do Servizo de Control Interno e Intervención. Ademais, na Universidade exerceu cargos como Xerente ou Vicexerente durante os 26 anos que estivo traballando na institución ata a súa xubilación.
Ten colaborado con este Consello Social durante a súa traxectoria profesional, sobre todo en temas relacionados coas auditorías e fiscalización.