Project Description
O estudo pretende coñecer de primeira man a percepción da empregabilidade dos estudantes universitarios a piques de graduarse e a dos empregadores. Este obxectivo é un punto de partida para a universidade, na medida que lle permitiría poder encaixar o que valoran os seus principais clientes, os graduados, co que valoran aqueles que os van a avaliar. O informe ten como pretensión final estreitar máis a relación entre a educación superior e as necesidades do mercado de traballo.
O cambio tecnolóxico, a velocidade da globalización ou os cambios na demanda dos consumidores, entre outros, son feitos que levan ás transformacións continuas nos postos de traballo, tanto nos tradicionais como noutros moitos postos de actividades económicas emerxentes. En definitiva, moitos postos de traballo están desaparecendo e, á súa vez, outros están xurdindo.
Este escenario laboral leva a que os graduados consideren novas oportunidades de emprego, pero tamén a que, nalgúns casos, se atopen ante un desaxuste entre a cualificación que posúen e a que requiren os postos de traballo, xa sexa porque non posúen a cualificación necesaria ou, á inversa, porque están sobrecualificados para eles.
Baixo este continuo cambio, os empregadores demandan graduados preparados para traballar, flexibles e con capacidade de adaptación aos continuos cambios tecno- lóxicos. Este é o motivo que leva a que a universidade se preocupe sen descanso por formar graduados cualificados, que respondan a estes novos retos nas empresas ou institucións.
Para máis información, podes descargar a publicación na ligazón de abaixo.