Informes

Estudo sobre o impacto laboral da actual crise por COVID-19 nas persoas tituladas da UVigo

Estudo sobre o impacto laboral da actual crise por COVID-19 nas persoas tituladas da UVigo2020-07-29T18:18:34+00:00

Project Description

O Observatorio de Persoas Tituladas, co apoio do Consello Social, presenta o avance dos resultados deste estudo onde se recollen os resultados globais da enquisa autoaplicada aos antigos estudantes das promocións comprendidas entre 1990 e 2020.

O estudo completa a serie de traballos relacionados coa inserción  laboral  do antigo alumnado  da UVigo.

O universo obxecto de estudo está centrado na poboación universitaria titulada en titulacións de 1º ciclo (diplomaturas e enxeñarías técnicas) e 2º ciclo (licenciaturas e enxeñarías superiores), graos, mestrados universitarios e títulos propios, de todas as promocións e independentemente do lugar en que se encontren residindo ou traballando.

A mostra obtida foi de 3217 persoas tituladas. Para un  nível de  confianza  de 95%, e p=q, o erro real é de ±1,69% para o conxunto da mostra e no suposto de mostraxe aleatoria simples.