Estudos e informes

Conclusións do barómetro de empregabilidade sostible da Universidade de Vigo (estudo nos mestrados profesionalizantes)

20 de Decembro de 2022|
Conclusións do barómetro de empregabilidade sostible da Universidade de Vigo (estudo nos mestrados profesionalizantes)2024-11-08T18:29:34+00:00

Project Description

Avance dun estudo sobre unha poboación que comprende o estudantado matriculado durante o curso académico 2021/22 nun mestrado profesionalizante, presentando as conclusións do barómetro de empregabilidade sostible neste ámbito.

O tamaño da mostra é de 202 persoas de 33 mestrados nos que están matriculados 1.556 estudantes. A información foi recollida por medio dun cuestionario que se lle fixo chegar ao conxunto da poboación.

As preguntas realizadas das que derivan as conclusións presentadas atenden a aspectos tales como: a saúde, a fatiga, as competencias, as calidades persoais, a formación, a resiliencia, a capacidade de traballo, o rendimento, o compañeirismo, a motivación, a satisfación, a necesidade de recuperación tras o traballo, o esgotamento mental, o absentismo…