Project Description
O estudo que se presenta tenta dar a coñecer a nova casuística que afecta ás persoas tituladas da Universidade de Vigo, as cales exercen as súas profesións en Galicia, noutras Comunidades Autónomas e nunha cincuentena países dos cinco continentes. Nestas páxinas descríbese a situación profesional destes egresados/as antes e durante a primeira onda desta pandemia (entre os meses de marzo de xuño de 2020). Entre outros aspectos, analízase o impacto sanitario ocasionado pola doenza da Covid-19 e como está a afectar ao modo de traballo, o emprego e a economía das persoas tituladas.
Así pois, este estudo avalía pormenorizadamente o modo en que a pandemia afectou ao emprego en aspectos como a implantación do teletraballo ou traballo remoto, a suspensión de actividades económicas, o peche de negocios ou as medidas organizativas que tiveron que ser aplicadas nas empresas para continuar a súa actividade.