Estudos e informes

[ACTUALIZADA] Impacto económico da actividade da Universidade de Vigo

18 de Outubro de 2022|
[ACTUALIZADA] Impacto económico da actividade da Universidade de Vigo2022-10-18T19:40:04+00:00

Project Description

Esta publicación do Consello Social parte da necesidade de contar con información actualizada e detallada da implicación da Universidade de Vigo na súa contorna, en Galicia en xeral, poñendo énfase nas economias das provincias onde radican o seus tres campus. Para elaborar dita información contou con Isabel Diéguez Castrillón, Ana Gueimonde Canto e Andrés Mazaira Castro como autores.

O estudo está presentado como un documento de traballo estruturado en catro grandes bloques. Nunha primeira parte recóllese a abordaxe metodolóxica empregada para a cuantificacións dos impactos. No segundo capítulo aplícase a metodoloxía inputoutput para a análise do impacto económico de curto prazo. A terceira sección supón a aproximación ao impacto de longo prazo e finalmente, nun cuarto capítulo, preséntanse as principais conclusións.

Estes son os obxectivos concretos do estudo:

  1. Determinar e cuantificar o impacto económico da actividade da Universidade de Vigo no curto prazo tanto en Galicia como nas provincias de Ourense e Pontevedra. Identificar output, renda e emprego que se xeran.
  2. Cuantificar o poder de atracción que exerce a Universidade de Vigo cara a outros sectores económicos. Identificar os sectores económicos mais favorecidos pola actividade económica xerada pola mesma nas provincias de Pontevedra e Ourense.
  3. Cuantificar o impacto económico da Universidade de Vigo a través da creación de capital humano e, mediante el, avaliar o impacto na ocupación e o emprego.
  4. Coñecer a balanza fiscal derivada da actividade da Universidade de Vigo e a contribución desta ás contas da seguridade social.
  5. Cuantificar a incidencia das actividades de creación e transferencia de coñecemento da Universidade de Vigo.
  6. Determinar a eficacia e eficiencia do investimento económico que fai a sociedade na Universidade de Vigo.

Pódese consultar a versión completa online facendo clic no seguinte botón…

IR AO ESTUDO | consulta online

 

… e/ou descargar o resumo executivo (polo momento só hai versión en castelán)