Informes

A investigación de Espada e Cacharrón conclúe que nos 25 primeiros anos da UVigo tituláronse 71.487 persoas

6 de Xullo de 2017|
A investigación de Espada e Cacharrón conclúe que nos 25 primeiros anos da UVigo tituláronse 71.487 persoas2018-10-15T19:39:01+00:00

Project Description

O traballo –dirixido por Luis Espada, coordinado por Víctor M. Cacharrón e publicado polo Consello Social– estuda o número de titulos emitidos e de persoas tituladas, desde 1990 a 2015, tanto de forma global como por ámbitos académicos (Arte e humanidades, Ciencias da Saúde, Científico, Xurídico-Social, Multidisciplinar e Tecnolóxico), ciclo de estudos (curto e longo), titulación e xénero. No caso da análise das persoas egresadas tamén se pormenoriza a súa procedencia (Galicia, Estado e resto do mundo).

Os datos concretan que se titularon 71.487 persoas e foron emitidos 82.330 títulos (ao completar máis de 9.700 persoas varias titulacións).