Informes

O Consello Social e a Fundación Universidade de Vigo publican a “Enquisa de empregabilidade”

O Consello Social e a Fundación Universidade de Vigo publican a “Enquisa de empregabilidade”2018-10-11T23:17:02+00:00

Project Description

O Consello Social e a Fundación Universidade de Vigo colaboran na elaboración deste informe que ten por obxectivo achegar a Universidade de Vigo á súa contorna social e económica, así como a realización de actuacións que favorezan a empregabilidade do alumnado, impulsar vías de colaboración con entidades e empresas, e a análise de distintos aspectos que podan apoiar o traballo universitario e o desenvolvemento local.

Este informe é o resultado da realización de dous traballos:

1.  A clasificación das empresas e entidades coas que a Universidade de Vigo ten formalizados convenios de cooperación educativa para a realización de prácticas académicas externas.

Neste apartado inclúese a clasificación das empresas por forma xurídica, sector de actividade, tamaño e volume de facturación.

2.  A análise dos resultados da “Enquisa de empregabilidade” realizada a ditas empresas.

A enquisa foi realizada a 1999 empresas e respostada por 375. Nela abórdase a situación actual das mesmas; as súas expectativas de futuro; o perfil de traballadores/as, métodos de selección e perspectivas de creación de emprego; e as posibles liñas de colaboración coa Universidade.

Os resultados permiten avanzar en distintos obxectivos. Entre outros:

  • Identificar aqueles sectores empresariais que presentan maior dinamismo e teñen polo tanto maior potencial de crecemento e de xeración de emprego,
  • Detectar os perfís profesionais máis demandados,
  • Analizar posibles carencias formativas no ámbito de distintas competencias,
  • Identificar novas canles de colaboración entre a universidade e o sector empresarial que permitan detectar oportunidades para ambos.
Enquisa de empregabilidade Documento PDF, 1.001 KB