Histórico

O Consello Social promoveu a elaboración dun estudo sobre a inserción laboral dos egresados entre 2005 e 2010

2 de Xullo de 2015|
O Consello Social promoveu a elaboración dun estudo sobre a inserción laboral dos egresados entre 2005 e 20102018-10-19T18:03:09+00:00

Project Description

O ex-reitor Luis Espada Recarey liderou dende 2012 un equipo para desenvolver un estudo a propósito da inserción laboral dos egresados entre 2005 e 2010. Esta investigación, que contou co apoio do Consello Social, baseouse nos datos recollidos da Seguridade Social.

Os resultados reflíctense nun libro titulado  Estudo sobre a situación profesional das persoas tituladas da Universidade de Vigo, cuxa presentación tivo lugar o pasado 24 de xuño e contou coa presenza do reitor, Salustiano Mato, do propio Luis Espada, do edil de Facenda, Jaime Aneiros e do co-autor do estudo, Víctor Manuel Martínez Cacharrón.

As principais conclusións que se obtiveron a partir dos datos recollidos son que oito de cada dez teñen traballo, dos cales o 85% exercen en Galicia e un 9,6% no estranxeiro, que está repartido en 37 países dos cinco continentes.