Outras publicacións

Plan estratéxico da Universidade de Vigo (2021-2026)

Plan estratéxico da Universidade de Vigo (2021-2026)2021-05-19T13:51:49+00:00

Project Description

O documento que nace da reflexión conxunta dos colectivos da  Universidade, do Consello Social e dos axentes sociais define 29 obxectivos para cinco anos. Durante o proceso de elaboración se redefiniu a misión da Universidade, fixándose como meta contribuír á mellora da vida das persoas e da súa contorna socioeconómica a través da docencia, da investigación e da transferencia de coñecemento. Tamén se identificaron cinco eixos arredor dos que xirou o percurso para a creación do Plan –formación; investigación e transferencia; persoas; organización e os recursos e relación coa sociedade– así como tres valores transversais presentes: fomento da lingua galega, defensa da igualdade  e internacionalización. A isto súmanse os obxectivos de desenvolvemento sostible e Axenda 2030, cos que a Universidade de Vigo está aliñada. A partir destes datos, definíronse os 29 obxectivos que a UVigo aspira a desenvolver nos próximos cinco anos, cada un deles con accións e con indicadores que permiten determinar o seu grao de cumprimento e as tarefas pendentes de realizar para acadalos.