Trazado da empregabilidade da Universidade de Vigo en tres períodos

Trazado da empregabilidade da Universidade de Vigo en tres períodos2022-04-11T13:17:05+00:00

Project Description

Este estudo, da autoría de Gloria Caballero Fernández e María Jesús López Miguens, ten por obxectivo coñecer a percepción dos empregadores respecto da empregabilidade dos estudantes universitarios en tres períodos marcados pola Covid-19. No primeiro analízase nun momento anterior á declaración da Covid-19; no segundo, ao inicio da mesma; e no terceiro, durante o seu transcurso.

En particular, perséguese a opinión dos empregadores en relación a un conxunto de factores que determinan a empregabilidade dun estudante universitario. Con este fin, analízase a percepción daqueles respecto da situación e expectativas que teñen do mercado laboral, das actuacións que realizan en materia de contratación de persoal, así como das competencias que esixen aos candidatos que desexan formar parte do persoal da súa empresa.

O estudo estrutúrase en catro capítulos:

  • Metodoloxía e mostras: detalles técnicos e perfil da mostra de empregadores.
  • Contexto de empregabilidade: análise dos períodos sinalados e perspectivas dos empregadores sobre o mercado laboral e as accións que desenvolven no proceso de contratación.
  • Competencias para o emprego: as competencias que os empregadores solicitan aos candidatos, así como a relevancia que adquiren as competencias da era Covid-19.
  • E unhas Conclusións onde se presentan os principais resultados do estudo.