Estudo sobre o impacto laboral da segunda onda da pandemia Covid19 nas persoas tituladas da UVigo

14 de Xaneiro de 2022|
Estudo sobre o impacto laboral da segunda onda da pandemia Covid19 nas persoas tituladas da UVigo2022-01-14T12:39:28+00:00

Project Description

Este estudo –do Observatorio de Persoas Tituladas da UVigo en colaboración co Consello Social– responde a unha enquisa aplicada a unha mostra representativa de 2.283 antigos estudantes da Universidade no que se analiza o impacto da crise por COVID19 no mundo laboral da mostra.

O traballo de campo foi realizado entre o 27 de xaneiro e 5 de abril de 2021. O período avaliado decorreu entre o 1 de setembro e o 31 de decembro de 2020, coincidindo coa segunda vaga da pandemia. Previamente, o Observatorio realizara un estudo inicial sobre o impacto durante o grande confinamento da primeira onda (marzo-xuño de 2020).

Esta publicación é un resumo executivo de 24 páxinas que sintetiza o traballo do informe definitivo, cunha extensión de 434 páxinas e que se pode descargar facendo clic na ligazón, Este inclúe múltiplos comentarios sobre os resultados obtidos en función de diferentes variables de segmentación (xénero, rama académica, tipo de estudos, promoción académica, lugar de residencia/traballo…), incorporando 341 cadros e 138 anexos.

O impacto da crise por Covid-19 é abordado a partir de tres perspectivas:

  • Sanitaria: Contaxios no lugar de traballo ou no entorno laboral
  • Laboral: Incidencia nas taxas de ocupación e de desemprego
  • Modo de traballo: Medidas organizativas tomadas polas empresas para encarar a pandemia.

O estudo aborda de forma específica a implantación do teletraballo, incluíndo a súa potencialidade, factores facilitadores, vantaxes, inconvenientes e habitabilidade das vivendas.

Ir á publicación da 1ª onda