Estudo sobre o impacto laboral da primeira onda da pandemia de Covid-19 nas persoas tituladas da UVigo
O estudo dá a coñecer a casuística que afecta ás persoas tituladas da Universidade de Vigo, a súa situación profesional antes e durante a primeira onda da Covid-19 (meses de marzo a xuño de 2020)
Ensayos académicos sobre Iberoamérica y Galicia
Conxunto de textos inéditos nos que a problemática agraria e o desenvolvemento rural en países iberoamericanos, así como a Política agraria común teñen unha destacada presencia.
“La conciliación. Un derecho imprescindible en el siglo XXI”
A conciliación en relación coa familia e o traballo é o tema central deste estudo, no que se amosan medidas conciliadoras e se abordan dende distintas ópticas.
“Debate sobre los debates electorales y nuevas formas de comunicación política”
Este traballo, que parte do estudo de diversos casos particulares e especialmente representativos das tendencias actuais na materia, ofrece unha análise e unha diagnose e, a partir delas, algunhas propostas para un modelo pluralista de debates electorais televisados.
Las esferas jurídicas de dos mundos
Monografía de Guillermo Suárez Blázquez que analiza a interacción entre as esferas xurídicas da posesión –gobernada pola lei natural–, e a do dominio –gobernada pola lei civil–.