O xoves, 3 de xuño de 2021, ás 12:00 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (24.03.2021).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Informe do reitor.
- Informe sobre a posición da UVigo no ranking de Transparencia das universidades.
- Informe que proceda sobre as declaracións de interese de verificación ou modificación de títulos de Grao, Máster e Doutoramento. (Consello de goberno de 29.04.2021): https://www.uvigo.gal/estudar/que-estudar/implantacion-modificacion-titulacions
O Pleno dáse por informado. - Informe sobre a creación dos novos centros da Facultade de Dirección e Xestión Pública, da Facultade de Deseño e da Facultade de Relacións internacionais. (CG 12.03.2021).
O Pleno dáse por informado.
Informes e acordos da Comisión Executiva (reunión do 19 de maio de 2021)
-
- Novo Regulamento dos programas de formación permanente e títulos propios da Universidade de Vigo.
O Pleno dáse por informado. - Aprobación, se procede, dos prezos dos complexos residenciais da UVigo para estudantes, no curso 2021/2022. (CG 12.03.2021).
Apróbase. - Aprobación, se procede, dos prezos públicos para o Campus Camp 2021, previstos nos tres Campus entre o 23 de xuño e o comezo do curso escolar en Educación primaria.
Apróbase. - Incorporación de remanente libre para estadías investigadoras.
Apróbase. - Informe sobre a creación do Centro interuniversitario ECOBAS. (CG 14.05.2021).
Ratifícase o informe favorable. - Aprobación, se procede, da incorporación da UVigo á agrupación sen ánimo de lucro “SIGMA-AIE”. (CG 29.04.2021).
Apróbase. - Aprobación, se procede, da participación da UVigo no Consorcio Centro de investigación e tecnoloxía matemática de Galicia (CITMAga). (CG 29.04.2021).
Apróbase. - Informe sobre a modificación parcial da Relación de Postos de Traballo (RPT) do PAS laboral da Universidade de Vigo. (CG 14.05.2021).
Ratifícase o informe favorable. - Resumo outros acordos. Cursos, taxas e memorias finais.
O Pleno dáse por informado.
Propostas informadas favorablemente, axudas e patrocinios aprobados pola Comisión de Actividades e Servizos (reunión do 30 de abril de 2021)
- Participación do Consello Social na produción e distribución de material impreso de acollida aos alumnos da UVigo para o curso 2021/2022, en colaboración coa Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais.
O Pleno da a súa aprobación. - Delegación no presidente do Consello Social da aprobación inicial das bolsas- colaboración adxudicadas polo Ministerio de Educación á Universidade de Vigo, para o curso 2021/2022, debendo dar conta ao Pleno na primeira reunión posterior.
O Pleno dáse por informado. - Outros acordos.
O Pleno dáse por informado.
- Novo Regulamento dos programas de formación permanente e títulos propios da Universidade de Vigo.
- Informe que proceda sobre o Decreto polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos públicos e académicos no SUG para o curso 2021/2022.
O Pleno informa favorablemente. - Aprobación, se procede, dos prezos dos cursos de Extensión Universitaria previstos nos tres campus.
Apróbanse os prezos - Aprobación, se procede, da proposta de distribución inicial das bolsas-colaboración asignadas á UVigo para o curso 2021/2022.
O Pleno dá a aprobación. - Convenios asinados pola Universidade de Vigo en marzo e abril de 2021.
O Pleno dáse por informado. - Rogos e preguntas.
– Juan Santamaría solicita a implantación na UVigo dun Protocolo universitario de control de Cumprimento (Compliance).
– Intervén Xosé Manuel Atanes sobre a Universidade Intercontinental da Empresa.