Apróbanse acordos e informes da CAS e da Comisión Executiva, así como diversos prezos e a distribución das bolsas-colaboración

2021-06-14T09:36:07+00:003 de Xuño de 2021|Pleno|

O xoves, 3 de xuño de 2021, ás 12:00 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (24.03.2021).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Informe do reitor.
  4. Informe sobre a posición da UVigo no ranking de Transparencia das universidades.
  5. Informe que proceda sobre as declaracións de interese de verificación ou modificación de títulos de Grao, Máster e Doutoramento. (Consello de goberno de 29.04.2021): https://www.uvigo.gal/estudar/que-estudar/implantacion-modificacion-titulacions
    O Pleno dáse por informado.
  6. Informe sobre a creación dos novos centros da Facultade de Dirección e Xestión Pública, da Facultade de Deseño e da Facultade de Relacións internacionais. (CG 12.03.2021).
    O Pleno dáse por informado.

Informes e acordos da Comisión Executiva (reunión do 19 de maio de 2021)

    1. Novo Regulamento dos programas de formación permanente e títulos propios da Universidade de Vigo.
      O Pleno dáse por informado.
    2. Aprobación, se procede, dos prezos dos complexos residenciais da UVigo para estudantes, no curso 2021/2022. (CG 12.03.2021).
      Apróbase.
    3. Aprobación, se procede, dos prezos públicos para o Campus Camp 2021, previstos nos tres Campus entre o 23 de xuño e o comezo do curso escolar en Educación primaria.
      Apróbase.
    4. Incorporación de remanente libre para estadías investigadoras.
      Apróbase.
    5. Informe sobre a creación do Centro interuniversitario ECOBAS. (CG 14.05.2021).
      Ratifícase o informe favorable.
    6. Aprobación, se procede, da incorporación da UVigo á agrupación sen ánimo de lucro “SIGMA-AIE”. (CG 29.04.2021).
      Apróbase.
    7. Aprobación, se procede, da participación da UVigo no Consorcio Centro de investigación e tecnoloxía matemática de Galicia (CITMAga). (CG 29.04.2021).
      Apróbase.
    8. Informe sobre a modificación parcial da Relación de Postos de Traballo (RPT) do PAS laboral da Universidade de Vigo. (CG 14.05.2021).
      Ratifícase o informe favorable.
    9. Resumo outros acordos. Cursos, taxas e memorias finais.
      O Pleno dáse por informado.

    Propostas informadas favorablemente, axudas e patrocinios aprobados pola Comisión de Actividades e Servizos (reunión do 30 de abril de 2021)

    1. Participación do Consello Social na produción e distribución de material impreso de acollida aos alumnos da UVigo para o curso 2021/2022, en colaboración coa Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais.
      O Pleno da a súa aprobación.
    2. Delegación no presidente do Consello Social da aprobación inicial das bolsas- colaboración adxudicadas polo Ministerio de Educación á Universidade de Vigo, para o curso 2021/2022, debendo dar conta ao Pleno na primeira reunión posterior.
      O Pleno dáse por informado.
    3. Outros acordos.
      O Pleno dáse por informado.
  1. Informe que proceda sobre o Decreto polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos públicos e académicos no SUG para o curso 2021/2022.
    O Pleno informa favorablemente.
  2. Aprobación, se procede, dos prezos dos cursos de Extensión Universitaria previstos nos tres campus.
    Apróbanse os prezos
  3. Aprobación, se procede, da proposta de distribución inicial das bolsas-colaboración asignadas á UVigo para o curso 2021/2022.
    O Pleno dá a aprobación.
  4. Convenios asinados pola Universidade de Vigo en marzo e abril de 2021.
    O Pleno dáse por informado.
  5. Rogos e preguntas.
    – Juan Santamaría solicita a implantación na UVigo dun Protocolo universitario de control de Cumprimento (Compliance).
    – Intervén Xosé Manuel Atanes sobre a Universidade Intercontinental da Empresa.