Project Description
Este informe do «Observatorio de Empleabilidad y Empleo Universitarios» ten o obxectivo de avaliar algúns dos aspectos relacionados coa calidade do emprego dos universitarios e as universitarias en España, presentando unha serie de indicadores, gráficos e datos que sirvan de aproximación á situación laboral actual deste colectivo, e axudando tamén a construír unha base teórica sobre a medición da calidade. A fonte de datos utilizada é o último Barómetro de Empregabilidade e Emprego Universitarios, realizado polo OEEU en 2017, no que se entrevistaron 6738 titulados e tituladas de máster universitario de 50 universidades públicas e privadas españolas, que finalizaron os seus estudos durante o curso 2013/2014.