Estudos e informes

Estudo sobre inserción laboral das persoas tituladas da UVigo en estudos de doutoramento (1995-2020)

8 de Novembro de 2022|
Estudo sobre inserción laboral das persoas tituladas da UVigo en estudos de doutoramento (1995-2020)2022-11-08T11:06:16+00:00

Project Description

O traballo realizado polo Observatorio de Persoas Tituladas co apoio e colaboración do Consello Social da UVigo, é único e pioneiro no Sistema Universitario Español ao abordar a inserción laboral de todas as promocións de persoas tituladas en estudos de doutoramento desde a creación dunha universidade ata unha data recente.

Metodoloxicamente pártese da explotación da base de datos de Persoas Tituladas da UVigo, analizando a inserción laboral de 505 persoas tituladas da UVigo en estudos de doutoramento entre os anos 1995 e 2020 e que realizaron estudos en 134 programas oficiais de doutoramento. Analízanse datos socio-demográficos e académicos, situación do mercado de traballo, características do emprego e valoración deses empregos.

Colaboraron na realización deste estudo a dirección da Eido (Escola Internacional de Doutoramento da UVigo), Área de Calidade e o Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao.

Pódese descargar o estudo completo e tamén un resumo executivo