“Debate sobre los debates electorales y nuevas formas de comunicación política”
Este traballo, que parte do estudo de diversos casos particulares e especialmente representativos das tendencias actuais na materia, ofrece unha análise e unha diagnose e, a partir delas, algunhas propostas para un modelo pluralista de debates electorais televisados.
Las esferas jurídicas de dos mundos
Monografía de Guillermo Suárez Blázquez que analiza a interacción entre as esferas xurídicas da posesión –gobernada pola lei natural–, e a do dominio –gobernada pola lei civil–.
Argimiro Rojo Salgado, o home smiling through. Libro homenaxe a un politólogo cosmopolita.
Libro homenaxe a quen "como ninguén, soubo darlle valor á Área de Ciencia política e administración", "consciente da súa responsabilidade individual e colectiva, para coa familia, colegas, institución e conxunto da globalidade cosmopolita”.
Barómetro de empregabilidade da Universidade de Vigo
O informe ten a pretensión de estreitar máis a relación entre a educación superior e as necesidades do mercado de traballo, nun momento no que moitos empregos están desaparecendo e, á súa vez, outros están xurdindo.
Estudo sobre o impacto laboral da actual crise por COVID-19 nas persoas tituladas da UVigo
Informe elaborado polo Observatorio de Persoas Tituladas, co apoio do Consello Social, cos resultados da enquisa aos antigos estudantes das promocións comprendidas entre 1990 e 2020.
“Situación y retos de las universidades españolas ante la transformación digital”
Un traballo no que participaron 34 universidades, que representan o 49% dos estudantes matriculados.