Histórico

Pleno sobre as novas propostas e modificacións das titulacións.

2018-10-19T19:07:57+00:0013 de Novembro de 2014|Pleno|

O mércores, día 29 de outubro de 2014, ás 17:00 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

LUGAR: Reitoría 3º andar – Campus de Vigo

DATA E HORA: Día 29 de outubro, luns, ás 17:00 horas.

ORDE DO DÍA

1.  Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (27.06.2014)

2.  Informe do presidente.

3.  Informe do Reitor.

4.  Informe que proceda sobre a proposta de modificación de titulacións de Grao para o curso 2015/216 consonte ao Decreto 222/2011 polo que se regulan as ensinanzas no SUG. (Consello de Goberno de 14 de outubro de 2014).

5.  Informe que proceda sobre a tramitación de novas propostas e de modificacións de títulos de Mestrado para o curso 2015/2016. (Consello de Goberno de 14 de outubro de 2014)

6.  Informe que proceda sobre a tramitación de novas propostas e de modificacións de títulos de Doutoramento para o curso 2015/2016. (Consello de Goberno de 14 de outubro de 2014)

7.  Propostas informadas favorablemente e acordos da Comisión de Actividades e Servizos (reunión 14 de xullo de 2014):

a)      Informe sobre a distribución de Bolsas-colaboración concedidas á Uvigo para o curso 2014/2015.

b)      Patrocinios e axudas.

c)      Informes.

8.  Propostas informadas favorablemente e acordos da Comisión de Actividades e Servizos (reunión 9 de outubro de 2014):

a)      Adxudicación definitiva Bolsas-colaboración.

b)      Patrocinio do equipo da Uvigo no proxecto “Fórmula Student”.

9.  Propostas informadas favorablemente e acordos da Comisión Executiva (reunión 15 de outubro de 2014):

a)      Memoria Consello Social 2013. 

b)      Taxas de cursos e actividades deportivas.

10.         Relación de novos convenios asinados pola Uvigo nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

11.         Memorias finais dos seguintes cursos:

a)      III Curso de formación “ Coordinador de seguridade e saúde en obras de construcción”

b)      II Curso de formación “Contabilidade con contasol” 

c)      I Curso Complementario “Ferramentas de tradución profesional”

12.         Rogos e preguntas.

ACORDOS ADOPTADOS

 

Acórdase a aprobación da acta da sesión anterior (27.06.2014).

Acórdase informar favorablemente sobre a tramitación de novas propostas e de modificacións de títulos de  Grao, Mestrado e Doutoramento para o curso 2015/2016.

O Pleno dase por informado sobre as propostas informadas favorablemente pola Comisión de Actividades e Servizos (reunión 14.07.2014).

O Pleno dase por informado sobre as propostas informadas favorablemente pola Comisión de Actividades e Servizos (reunión 09.10.2014).

O Pleno dase por informado sobre as propostas informadas favorablemente pola Comisión Executiva (reunión 15.10.2014).

O Pleno dase por informado sobre a relación de novos convenios asinados  pola Uvigo nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

O Pleno dase por informado sobre as memorias finais dos seguintes cursos: III Curso de formación “Coordinador de seguridade e saúde en obras de construcción”, II Curso de formación “Contabilidade con contasol” e I Curso Complementario “Ferramentas de tradución profesional”