O luns, día 29 de decembro de 2025, ás 12:00 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (25.11.2025).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Presentación do Informe de Transparencia da Universidade de Vigo 2025. Incidencia do Consello Social. (Comisión Económica do 18.12.2025).
O Pleno dáse por informado. - Informe da Xerencia sobre a Auditoría do Plan de Medidas Antifraude da Universidade de Vigo. (Comisión Económica do 18.12.2025) .
- Informe do reitor.
O Pleno emite un informe favorable.
Propostas, acordos e informes da Comisión Económica do 18 de decembro de 2025
- Informe sobre o teito de gasto da Universidade de Vigo para o exercicio orzamentario de 2026.
Apróbase por asentimento. - Aprobación, se procede, do orzamento da Universidade de Vigo para o exercicio 2026.
Apróbase por asentimento. - Aportacións e suxestións do Consello Social, se proceden, respecto das Normas de execución do orzamento da Universidade de Vigo.
O Pleno dá a súa conformidade. - Orzamento do Consello Social para o exercicio 2026. Estimación do peche do exercicio 2025.
Apróbase por asentimento. - Asuntos económicos pendentes: Informes solicitados á Xerencia.
- Outros asuntos: Aprobación definitiva da creación e participación da Universidade de Vigo no capital social da Spin-off NexoInn. Convenios asinados en setembro, outubro e novembro de 2025.
Apróbase por asentimento. E o Pleno dáse por informado.
- Informe que proceda sobre o cambio de denominación do Instituto de Investigación en Ciencias do Deporte (INCIDE) polo acrónimo CIDEGA. (Consello de Goberno do 24 de novembro de 2025) .
Infórmase favorablemente. - Informe que proceda sobre o cambio de nome do Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais (IFCAE) polo de Instituto de Investigación en Física, Computación e Ciencia Aeroespacial (IFCAE). (Consello de Goberno do 24 de novembro de 2025) .
Infórmase favorablemente. - Aprobación, se procede, da aceptación da doazón da Asociación de Tradutores Galegos á Universidade de Vigo.
Apróbase por asentimento. - Rogos e preguntas.
Intervén Antonio Macho.
Acordos Pleno do 29-12-2025
Documento PDF, 307 KB