A Presidencia é a responsable de representar, dirixir, facer a planificación xeral da actividade do Consello Social e exercer calquera outra atribución que se lle encomende legal ou regulamentariamente.
Algunhas das funcións da presidencia son:
- Convocar, establecer a orde do día e dirixir as sesións do Consello Social.
- Informar e dar a coñecer as actividades do Consello Social que considere oportunas, sen prexuízo do que dispoñen as normas aplicables á publicación e á notificación oficiais dos acordos do Consello Social. O presidente ou presidenta será o único que poderá facer declaracións públicas en nome do Consello Social da Universidade de Vigo. Pode autorizar algún ou algúns vogais para intervencións concretas ou particulares.
- Velar polo cumprimento, por parte dos vogais do Consello Social, dos deberes que lles corresponden, segundo a lei e o presente regulamento, así como protexer e defender os dereitos que lles corresponden como tales.
- Autorizar os gastos da partida orzamentaria propia do Consello Social, de conformidade co procedemento establecido.
O Presidente actual
Persoas que ocuparon con anterioridade a Presidencia
Alfonso Zulueta presidiu o Consello do 7 de marzo de 1996 e o 24 de xullo de 2003.
Emilio Atrio Abad foi presidente entre o 24 de xullo de 2003 e o 21 de setembro de 2011.
Últimos actos e discursos do presidente
A UNRWA e a delegación galega de Emaús reciben os premios Consello Social UVigo_Humana 2024 á solidariedade e cooperación
No evento, tamén, 18 egresadas e egresados recibiron galardóns polos seus TFG e TFM
Especialistas en Dereito Constitucional, coa colaboración do Consello, debaten sobre a Lei de Amnistía do proceso de independencia catalán
O seminario celebrouse na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo e foi inaugurado polo do decano da facultade, Francisco José Torres e por Ernesto Pedrosa
O Consello apoia o congreso CoDi sobre divulgación científica e transferencia que se celebra en Ourense
Durante os días 12, 13 e 14 de marzo participaran máis dun cento de persoas de 7 países
Preséntase o “Estudo da inserción laboral das persoas graduadas no Sistema universitario de Galicia 2017-2018”
Ao acto, celebrado en Compostela, asistíu o presidente do Consello Ernesto Pedrosa
Comezan as JAI 2025, que co apoio do Consello son o escaparate da automatización industrial máis innovadora e avanzada
Ernesto Pedrosa representou o Consello Social na inauguración
O presidente do Consello Social na mesa presidencial dun San Tomé que premia a excelencia, o talento e o esforzo
Durante a cerimonia, celebrada en Ciencias Económicas e Empresariais, entregáronse 161 galardóns