Comisión de actividades e servizos

A CAS aproba a distribución das axudas Prácticums 2025, así como diversas axudas, apoios, colaboracións, achegas e dotacións para actividades, eventos e estudos

2025-05-05T10:58:22+00:0020 de Febreiro de 2025|Comisión de actividades e servizos|

O xoves, día 20 de febreiro de 2025, ás 12:00 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo, co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (29.07.2024).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Aprobación, se procede, da distribución de axudas a Prácticums, convocadas polo Consello Social para 2025.
    Apróbase por asentimento.
  4. Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para a organización do “VI Seminario Internacional sobre Democracia, Cidadanía e Estado de Dereito”.
    Concédese unha axuda.
  5. Acordo que proceda sobre a colaboración do Consello Social no patrocinio do “Congreso de Divulgación, Transferencia e Impacto Social da Ciencia – CoDi”, no campus de Ourense.
    Asígnase unha achega.
  6. Aprobación, se procede, da dotación económica que corresponda para a organización da V edición dos Premios Consello Social UVigo_Humana.
    Apróbase unha achega.
  7. Acordo que proceda sobre a petición de apoio solicitada pola Escola de Enxeñaría Industrial para promover actividades en colexios e institutos coa Competición de Robots.
    Asígnase unha axuda.
  8. Acordo que proceda sobre a aportación solicitada para a organización dun seminario sobre a Lei Orgánica de Amnistía, na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo do campus de Vigo.
    Apróbase unha achega.
  9. Acordo que proceda sobre o apoio solicitado polo Instituto de Estudos Vigueses para desenvolver un ciclo de conferencias en 2025.
    Apróbase unha achega excepcional para báner e folletos.
  10. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada dende o Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá, para un congreso de expertos sobre multilingüismo.
    Acórdase unha achega.
  11. Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio para fomentar e mellorar a formación en Matemáticas na última etapa de Primaria e primeiros cursos de Educación Secundaria.
    Apróbase unha axuda.
  12. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para elaborar un estudo socio-lingüístico sobre o portugués arraiano falado en España, a cargo dun equipo investigador da UVigo.
    Concédese unha axuda.
  13. Acordo que proceda sobre a petición de colaboración co proxecto “CinVigo. Ciencia na rúa”, organizado por CINBIO para fomentar vocacións en Secundaria e Bacharelato e amosar traballos de investigación á sociedade.
    Acórdase unha achega para comunicación e difusión.
  14. Acordo que proceda sobre a colaboración solicitada pola Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade para organizar a Feira EMPREGO in CAMPUS que relaciona a empresas e estudantes de Galicia e o norte de Portugal.
    Apróbase unha achega.
  15. Proposta de renovación do servicio externo para o mantemento informático e actualización continua dos contidos escritos e gráficos da web do Consello Social.
    Asígnanse as cantidades correspondentes.
  16. Informe sobre o Regulamento e a posta en marcha da Canle interna de información e de denuncia da UVigo. (Plan de medidas antifraude).
    A comisión dáse por informada.
  17. Rogos e preguntas.
    Intervén o secretario para informar sobre as axudas concedidas entre 2019 e 2024.
Acta CAS 20-02-2025 Documento PDF, 295 KB