O Consello Social da Universidade de Vigo será o anfitrión das Xornadas de Secretarios dos Consellos Sociais das universidades españolas, que se celebrarán os próximos 21 e 22 de setembro en Vigo baixo o lema “Nuevos perfiles para nuevos cometidos“. A apertura institucional correrá a cargo de Carmen García Mateo, reitora da Universidade de Vigo; Ernesto Pedrosa Silva, presidente do Consello Social da UVigo; Olga de la Pascua, presidenta da Comisión Secretarios da CCS; Ángela Santianes, presidenta da CCS. O encontro, organizado pola Conferencia de Consejos Sociales, reunirá en Vigo a estes profesionais para compartir experiencias e analizar os novos retos das súas funcións nun contexto universitario en transformación.
O programa inclúe obradoiros, ponencias e mesas redondas como o taller práctico “Nuevos escenarios, nuevas herramientas y nuevos medios de trabajo“, a cargo de Cristina Aranda, consultora tecnolóxica especializada en dixitalización; unha sesión sobre as novas obrigas económicas que deben atender os Consellos Sociais, con Mariano Casanova Navarro (Universitat Politècnica de València) e Rodrigo Cerviño (Universidade de Vigo); unha mesa sobre o compliance universitario co Consello Social como supervisor; e unha sesión dedicada a compartir experiencias, fitos e aprendizaxes sobre a evolución dos cometidos dos secretarios. Unha cita pensada para analizar o presente, anticipar os novos retos e seguir fortalecendo o papel das secretarías.
As sesións desenvolveranse na Sede Afundación (rúa Policarpo Sanz 24-26, Vigo). O luns 21, tras a recepción ás 16:00 h, a apertura institucional dará paso ao taller de Cristina Aranda, presentado por Conxita Villar Mir (Universitat de Lleida). A xornada completarase co Pleno da Comisión de Secretarios da CCS, unha visita institucional e unha cena no Gran Hotel Nagari. O martes 22, a partir das 10:00 h, abordaranse as novas obrigas económicas, o compliance universitario e unha sesión retrospectiva sobre a evolución dos cometidos dos secretarios, con Ignacio Rodríguez (Universidade de Vigo) e os exsecretarios Ignacio Gavira Tomás, Ana Gea Segura e Vicente Boquera Amil. A clausura terá lugar ás 13:45 h, seguida dun almorzo de traballo.
No botón de abaixo pódese consultar o programa completo