O mércores, 27 de maio de 2026, ás 12:45 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (29.12.2025).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente. Entrega da Memoria do Consello Social de 2024.
Axudas 2025, asistencias, resumen de reunións e acordos adoptados. Informe GUESSS. - Informe do reitor.
- Informe que proceda sobre a tramitación de novas propostas e de modificación de títulos de Grao, Mestrado e Doutoramento da Universidade de Vigo para o curso 2027/2028.
O Pleno informa favorablemente.
Propostas de aprobación e acordos da Comisión Económica do 11 de maio de 2026
- Aprobación, se procede, do convenio de cooperación educativa entre a entidade mercantil EUSES-VIGO, S.L.U. e a Universidade de Vigo, para a adscrición do Centro Universitario “EUSES-VIGO”.
Apróbase por asentimento. - Actualización de asuntos pendentes:
– Eliminación do remanente existente en FEUGA o próximo mes de outubro.
– Cumprimento das recomendacións feitas polo Consello de Contas.
– Información rexistral e catastral dos bens inmobles e terreos vinculados á Universidade de Vigo.
– Comparativa do remanente de Tesouraría dispoñible da Universidade de Vigo nos exercicios 2024 e 2023.
O pleno dáse por informado. - Aprobación de prezos públicos: administrativos, residencias e Campus Camp.
O pleno dá a súa conformidade. - Informe que proceda sobre o proxecto de decreto polo que se fixan os prezos públicos nas universidades do Sistema Universitario Galego, para a prestación de servizos no curso 2026/2027.
O pleno dá a súa conformidade. - Comparecencias: presidente da Mesa de Contratación.
O pleno dáse por informado. - Outros asuntos. Seguimento (auditorías operativas, convenios, doazóns ,cesión de espazos e arrendamentos).
O pleno dáse por informado.
Propostas e acordos da Comisión de Actividades e Servizos do 19 de febreiro de 2026
- Aprobación, se procede, da asignación de axudas a Prácticums, consonte convocatoria do Consello Social para 2026. Incremento da dotación.
- Renovación da páxina web do Consello Social. Presentación da proposta de contidos e utilidades. Deseños. Orzamento.
- Aprobación, se procede, dunha axuda do Consello Social para a financiación dos cursos eDestrezas que aportan competencias dixitais ao alumnado, PTXAS e PDI.
- Proposta de renovación do servizo técnico para mantemento informático e actualización continuada dos escritos e gráficas da páxina web do Consello Social.
- Outros acordos, axudas e patrocinios.
Respecto aos puntos 11, 12, 13, 14 e 15 o pleno dáse por informado e apróbanse por asentimento.
Propostas e acordos da Comisión de Actividades e Servizos do 9 de abril de 2026
- Licitación do estudo sobre as persoas tituladas da Universidade de Vigo. Dotación orzamentaria.
Apróbase por asentimento. - Outros acordos (delegación no presidente, axudas e patrocinios).
O pleno dáse por informado.
———– - Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para organizar un seminario na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, sobre “Administración de Xustiza: intelixencia artificial, retos e desafíos”.
Asígnase unha achega. - Acordo que proceda sobre a colaboración solicitada para a organización do Campamento tecnolóxico no Campus de Ourense, para fomentar as vocacións femininas TIC.
Apróbasese unha achega. - Acordo que proceda sobre a petición do CINTEX para organizar un congreso internacional para promover e formar investigadores en etapas iniciais, achegarse ao tecido produtivo e fomentar a empregabilidade e a transferencia.
Concédese unha axuda. - Aprobación, se procede, dos prezos públicos dos cursos de Extensión Universitaria para o 2026, nos campus de Ourense, Vigo e Pontevedra.
Apróbase por asentimento. - Rogos e preguntas.
Non hai.