Apróbase o informe de novos títulos 2027/28, a adscrición do centro EUSES-VIGO, os prezos públicos e as axudas para Prácticums, un estudo sobre as persoas tituladas, o campamento tecnolóxico feminino en Ourense e o congreso do CINTEX e tómase coñecemento dos informes de FEUGA e do Consello de Contas

2026-07-28T18:15:20+00:0027 de Maio de 2026|Pleno|

O mércores, 27 de maio de 2026, ás 12:45 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (29.12.2025).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente. Entrega da Memoria do Consello Social de 2024.
    Axudas 2025, asistencias, resumen de reunións e acordos adoptados. Informe GUESSS.
  3. Informe do reitor.
  4. Informe que proceda sobre a tramitación de novas propostas e de modificación de títulos de Grao, Mestrado e Doutoramento da Universidade de Vigo para o curso 2027/2028.
    O Pleno informa favorablemente.

Propostas de aprobación e acordos da Comisión Económica do 11 de maio de 2026

  1. Aprobación, se procede, do convenio de cooperación educativa entre a entidade mercantil EUSES-VIGO, S.L.U. e a Universidade de Vigo, para a adscrición do Centro Universitario “EUSES-VIGO”.
    Apróbase por asentimento.
  2. Actualización de asuntos pendentes:
    – Eliminación do remanente existente en FEUGA o próximo mes de outubro.
    – Cumprimento das recomendacións feitas polo Consello de Contas.
    – Información rexistral e catastral dos bens inmobles e terreos vinculados á Universidade de Vigo.
    – Comparativa do remanente de Tesouraría dispoñible da Universidade de Vigo nos exercicios 2024 e 2023.
    O pleno dáse por informado.
  3. Aprobación de prezos públicos: administrativos, residencias e Campus Camp.
    O pleno dá a súa conformidade.
  4. Informe que proceda sobre o proxecto de decreto polo que se fixan os prezos públicos nas universidades do Sistema Universitario Galego, para a prestación de servizos no curso 2026/2027.
    O pleno dá a súa conformidade.
  5. Comparecencias: presidente da Mesa de Contratación.
    O pleno dáse por informado.
  6. Outros asuntos. Seguimento (auditorías operativas, convenios, doazóns ,cesión de espazos e arrendamentos).
    O pleno dáse por informado.

Propostas e acordos da Comisión de Actividades e Servizos do 19 de febreiro de 2026

  1. Aprobación, se procede, da asignación de axudas a Prácticums, consonte convocatoria do Consello Social para 2026. Incremento da dotación.
  2. Renovación da páxina web do Consello Social. Presentación da proposta de contidos e utilidades. Deseños. Orzamento.
  3. Aprobación, se procede, dunha axuda do Consello Social para a financiación dos cursos eDestrezas que aportan competencias dixitais ao alumnado, PTXAS e PDI.
  4. Proposta de renovación do servizo técnico para mantemento informático e actualización continuada dos escritos e gráficas da páxina web do Consello Social.
  5. Outros acordos, axudas e patrocinios.
    Respecto aos puntos 11, 12, 13, 14 e 15  o pleno dáse por informado e apróbanse por asentimento.

Propostas e acordos da Comisión de Actividades e Servizos do 9 de abril de 2026

  1. Licitación do estudo sobre as persoas tituladas da Universidade de Vigo. Dotación orzamentaria.
    Apróbase por asentimento.
  2. Outros acordos (delegación no presidente, axudas e patrocinios).
    O pleno dáse por informado.
    ———–
  3. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para organizar un seminario na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, sobre “Administración de Xustiza: intelixencia artificial, retos e desafíos”.
    Asígnase unha achega.
  4. Acordo que proceda sobre a colaboración solicitada para a organización do Campamento tecnolóxico no Campus de Ourense, para fomentar as vocacións femininas TIC.
    Apróbasese unha achega.
  5. Acordo que proceda sobre a petición do CINTEX para organizar un congreso internacional para promover e formar investigadores en etapas iniciais, achegarse ao tecido produtivo e fomentar a empregabilidade e a transferencia.
    Concédese unha axuda.
  6. Aprobación, se procede, dos prezos públicos dos cursos de Extensión Universitaria para o 2026, nos campus de Ourense, Vigo e Pontevedra.
    Apróbase por asentimento.
  7. Rogos e preguntas.
    Non hai.
Acordos pleno 27-05-2026 Documento PDF, 309 KB