Comisión de actividades e servizos

A Comisión acorda conceder axudas, achegas, apoios, colaboracións e financiamentos para diversos eventos e actividades

2026-09-27T11:46:05+00:009 de Abril de 2026|Comisión de actividades e servizos|

O xoves, día 9 de abril de 2026, ás 12:00 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo, co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (19.02.2026).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente. Licitación do estudo sobre as persoas tituladas da UVigo. Dotación orzamentaria.
    Apróbase por asentimento.
  3. Acordo que proceda sobre o apoio solicitado para actividades previstas no Campus de Pontevedra en 2026.
    Apróbase unha achega.
  4. Acordo que proceda sobre a axuda económica solicitada para formación polo Coro senior Campus de Vigo.
    Apróbase unha achega.
  5. Acordo que proceda sobre a colaboración solicitada desde a Facultade de Filoloxía e Tradución para o V congreso internacional de estudos interdisciplinares LGTBIAQ+. Maricorners 2026.
    Apróbase unha axuda.
  6. Acordo que proceda sobre a solicitude de financiamento para a publicación e presentación da revista T-I-A-S, promovida polo grupo Post-Groth Innovation Lab, da UVigo.
    Apróbase unha axuda.
  7. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada desde o Centro de Investigación Mariña para organizar o Congreso internacional iMarco 2026 para fomentar novo talento investigador.
    Apróbase unha achega.
  8. Acordo que proceda sobre o financiamento demandado desde o Departamento de Lingua española para celebrar en Vigo a reunión científica internacional anual de morfólogos.
    Apróbase unha achega.
  9. Aprobación, se procede, da delegación preventiva no presidente do Consello Social para a distribución previa das Bolsas-colaboración para o curso 2026/2027, da que deberá dar conta á maior brevidade.
  10. Acordo que proceda sobre a petición de apoio económico para posibilitar a participación do equipo PTXAS da Universidade de Vigo no XLI campionato nacional de fútbol-sala universitario.
    Apróbase unha axuda.
  11. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada desde a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, para organizar o 2º Congreso Internacional de Xestión de Balneoterapia.
    Apróbase unha axuda.
  12. Acordo que proceda sobre a petición de apoio solicitada pola Facultade de Comunicación para organizar o X congreso internacional da Asociación española de investigadores en comunicación (AE-IC).
    Apróbase unha achega.
  13. Acordo que proceda sobre a petición do Departamento de Lingua española para organizar unha xornada de formación para o profesorado de idiomas e apoio á empregabilidade do alumnado dos graos.
    Apróbase unha achega.
  14. Acordo que proceda sobre a posible colaboración co Museo do médico rural de Maceda (pioneiro no seu xénero en Europa) para promover actos académicos, talleres ou conferencias e programas educativos para xoves.
    Apróbase unha achega.
  15. Acordo que proceda sobre a solicitude da Directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, para solicitar apoio económico para o desenvolvemento do proxecto de divulgación científica “II Olimpíada da Enerxía”.
    Apróbase unha achega.
  16. Rogos e preguntas.
    Non hai.
Acordos da CAS do 09-04-2026 Documento PDF, 270 KB