Project Description
Para obter e poder analizar esta información, os autores do traballo levaron a cabo unha macro enquisa entre as persoas tituladas e realizou o presente estudo cuxa metodoloxía e técnica operativa é descrita na parte II deste traballo, que é continuación dun anterior “71.487 persoas tituladas da Universidade de Vigo (1990-2015). Evolución da oferta académica”, editado polo Consello Social.
Cabe sinalar que se trata dun estudo pioneiro no sistema universitario español que abranxe des- de o inicio da súa actividade no curso 1989-90 até 2014-15. Isto representa os 25 primeiros anos de vida desta institución académica. Comprende, portanto, polo menos dúas xeracións de persoas tituladas, o que permite comparar métodos de ensino e aprendizaxe diversos, as oscilantes exixencias do mercado de traballo e as facilidades ou dificultades de incorporación profesional segundo o perfil adquirido. A partir dunha ampla enquisa encamiñada persoalmente a cada persoa titulada, quer por correo postal, quer por e-mail, púidose coñecer a casuística do antigo alumnado relativamente ao seu labor profesional levado a cabo logo de receber o seu título académico. Por outra parte, a enquisa completábase cunha pregunta aberta para que, se o estimaren conveniente, comentasen as súas vivencias e expuxesen as súas reflexións sobre os estudos recebidos e a súa relación co exercicio da súa profesión.