O martes, día 11 de febreiro de 2014, ás 17:05 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
LUGAR: Sala II do Edificio Miralles – Campus de Vigo
DÍA E HORA: Día 11 de febreiro, martes, ás 17:05 h.
ORDE DO DÍA
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (22.10.13)
2. Informe do presidente.
3. Revisión das normas vixentes para a concesión de axudas do Consello Social.
4. Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio para a organización do Salón EDUGAL 2013/2014, previsto en Pontevedra na súa terceira edición.
5. Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda ao Campus ConVida 2014 nos tres campus da Universidade de Vigo.
6. Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda das Aulas de Formación Aberta, para a organización en Vigo das XIII Xornadas Internacionais sobre “Asociacionismo nos programas universitarios de maiores”.
7. Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para o desenvolvemento de “Vigo 3 Day Startup” para o fomento do espírito emprendedor entre os estudantes universitarios.
8. Acordo que proceda sobre a colaboración solicitada para a organización en Vigo das Xornadas “Mecanismos procesuais para a protección privilexiada do crédito no ámbito europeo”.
9. Acordo que proceda sobre a solicitude de patrocinio dun relatorio sobre “A función do Consello Social como imaxe da universidade nas relacións internas e externas”, dentro do Curso de Comunicación e Protocolo, no Campus de Pontevedra.
10. Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda económica para a organización das “XI Xornadas Sociedade e Dereito” sobre “As reformas políticas e administrativas que a España do século XXI necesita”, no Campus de Ourense, organizada por AGEX.
11. Acordo que proceda sobre a solicitude de colaboración no XV Foro Universitario de Investigación en Comunicación a celebrar no Campus de Pontevedra.
12. Acordo que proceda sobre a petición de patrocinio no Programa “Intelixencia, talento e empregabilidade” a desenvolver nos Campus de Vigo e Pontevedra.
13. Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda da Asociación para a integración de estudantes estranxeiros, para a organización da reunión anual en Vigo.
14. Rogos e preguntas.
ACORDOS ADOPTADOS
Acórdase a aprovación da acta da sesión anterior (22.10.13).
Acórdase