O mércores, día 15 de abril de 2015, ás 11:40 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:
LUGAR: Sala I do Edificio Miralles – Campus de Vigo
DATA: 15.04.2015
HORA DE COMEZO: 11:40
HORA DE REMATE: 13:50
ORDE DO DÍA
1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (29.12.2014)
2. Informe do Presidente.
3. Informe do Reitor.
Propostas e acordos da Comisión de Actividades e Servizos. (sesión 19 de febreiro de 2015)
4. Modificación dos criterios de adxudicación das Bolsas-colaboración que concede o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte á Universidade de Vigo.
5. Informe sobre patrocinios e axudas. Outros acordos.
Propostas e acordos da Comisión de Actividades e Servizos. (sesión 25 de marzo de 2015).
6. Aprobación, se procede, da asignación e distribución das axudas a Prácticums convocadas polo Consello Social para o presente curso.
7. Informe sobre patrocinios e axudas.
Propostas e acordos da Comisión Executiva. (sesión 11 de marzo de 2015)
8. Aprobación, se procede, da regularización de terreos a favor de CITEXVI. (Consello de goberno de 2 de marzo de 2015).
9. Informe que proceda sobre a modificación parcial da RPT do persoal funcionario de administración e servizos. (Consello de goberno de 2 de marzo de 2015)
10. Taxas, memorias finais e outros acordos.
Propostas e acordos da Comisión Económica. (sesión 27 de febreiro de 2015).
11. Liquidación do orzamento de ingresos e gastos da UVigo para 2014. Avance da auditoría e informe provisional da execución orzamentaria.
12.Outros Acordos.
13. Aprobación, se procede, do acordo de colaboración coa Fundación UVigo e asignación económica para o exercicio 2015.
14. Declaración de interese das titulacións de grao, máster e doutoramento da UVigo para o curso 2016/2017. (Consello de goberno de 27 de marzo de 2015)
15. Información sobre a implantación do Grao en Enxeñaría aeroespacial no Campus de Ourense. Calendario e procedemento. (Consello de goberno de 27 de marzo de 2015)
16. Creación da Escola de Enxeñaría aeroespacial. (Consello de goberno de 27 de marzo de 2015)
17. Informe que proceda sobre o cambio de titularidade e denominación da Escola de Negocios Caixanova (Consello de goberno de 27 de marzo de 2015)
18. Modificación das tarifas do Centro de investigación, transferencia e innovación (CITI). (Consello de goberno de 27 de marzo de 2015)
19. Modificación das tarifas do Centro de apoio científico e tecnolóxico á investigación (CACTI). (Consello de goberno de 27 de marzo de 2015)
20. Substitución na Comisión Executiva do Consello Social.
21. Informe sobre os convenios asinados pola UVigo correspondentes aos meses de decembro de 2014 e xaneiro, febreiro e marzo de 2015.
22. Rogos e preguntas.
ACORDOS ADOPTADOS
Apróbase a acta da sesión anterior. (29.12.2014)
Propostas e acordos da Comisión de Actividades e Servizos. (sesión 19 de febreiro de 2015)
Apróbase a modificación dos criterios de adxudicación das Bolsas-colaboración que concede o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte á Universidade de Vigo.
Dase por informado sobre patrocinios e axudas. Outros acordos.
Propostas e acordos da Comisión de Actividades e Servizos. (sesión 25 de marzo de 2015).
Apróbase a asignación e distribución das axudas a Prácticums convocadas polo Consello Social para o presente curso.
Dase por informado sobre patrocinios e axudas.
Propostas e acordos da Comisión Executiva. (sesión 11 de marzo de 2015)
Apróbase a regularización de terreos a favor de CITEXVI. (Consello de goberno de 2 de marzo de 2015).
Acorda emitir informe favorable sobre a modificación parcial da RPT do persoal funcionario de administración e servizos. (Consello de goberno de 2 de marzo de 2015)
Confírmanse taxas, memorias finais e outros acordos.
Propostas e acordos da Comisión Económica. (sesión 27 de febreiro de 2015).
Dase por informado sobre a liquidación do orzamento de ingresos e gastos da UVigo para 2014. Avance da auditoría e informe provisional da execución orzamentaria.
Dá a súa conformidade sobre outros acordos.
Apróbase o acordo de colaboración coa Fundación UVigo e asignación económica para o exercicio 2015.
Dase por informado sobre a declaración de interese das titulacións de grao, máster e doutoramento da UVigo para o curso 2016/2017. (Consello de goberno de 27 de marzo de 2015)
Dase por informado sobre a implantación do Grao en Enxeñaría aeroespacial no Campus de Ourense. Calendario e procedemento. (Consello de goberno de 27 de marzo de 2015)
Dase por informado sobre a creación da Escola de Enxeñaría aeroespacial. (Consello de goberno de 27 de marzo de 2015)
Autorízase a emisión de informe favorable sobre o cambio de titularidade e denominación da Escola de Negocios Caixanova (Consello de goberno de 27 de marzo de 2015)
Apróbase a modificación das tarifas do Centro de investigación, transferencia e innovación (CITI). (Consello de goberno de 27 de marzo de 2015)
Apróbase a modificación das tarifas do Centro de apoio científico e tecnolóxico á investigación (CACTI). (Consello de goberno de 27 de marzo de 2015)
Dá a súa conformidade sobre a substitución na Comisión Executiva do Consello Social.
Dase por informado sobre os convenios asinados pola UVigo correspondentes aos meses de decembro de 2014 e xaneiro, febreiro e marzo de 2015.